Friday 17 de May de 2024

Aberto o prazo de preinscrición para os obradoiros da terceira idade do Concello de Ribeira


O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Servizos Sociais, abre hoxe o prazo de preinscrición para os distintos obradoiros que forman parte do programa de dinamización social para maiores.

Durante o mes de setembro terán lugar varios obradoiros impartidos pola psicóloga Angeles Pazos na Sala de conferencias do Centro cultural Lustres Rivas, os mércores de 11:00 a 12:30 horas nas seguintes datas:
6 de setembro: Cómo eludir unha conversa agresiva
13 de setembro: Codependencia e autocoidado
20 de setembro: Obradoiro de psicomotrocidade fina
27 de setembro: Obradoiro de relaxación

Ademáis de estas actividades, durante o mes de outubro levaranse a cabo obradoiros en tódalas parroquias coas seguintes temáticas: enriquecemento educativo, lingua e cultura  galega, artes plásticas, ximnasia adaptada, competencias dixitais, taek-health e aula sociocultural para maiores.

As preinscricións poderanse realizar en Servicios Sociais, Atención Cidadá ou mediante a páxina web do Concello; cubrindo os formularios correspondentes.